Tipos de negocios
Tapería Baiuca
Méndez Núñez, 11 (Casco Vello) - 36203
Tenda de degustación de viños galegos e clube de cata. | Casa de viños especializada en viños de autor.
Tenda de degustación especializada en viños galegos: viños de autor, ecolóxicos, biodinámicos e respectuosos co medio ambiente, e viños imperfectos. Tenda «Ego Wine», clube de cata, maridaxes e cursos. O sitio perfecto para gozar das mellores tapas acompañadas dos mellores viños. Sumiller: Francisco Varela.
Baiuca é unha tenda de degustación especializada en viños galegos. Gústanos o viño, o bo viño, e gústanos a imperfección. Queremos achegarvos o traballo de artesáns que traballan con honestidade, en coherencia e en harmonía coa súa terra. O traballo de viticultores que percorren cada mañá as súas viñas, coidándoas con agarimo, confiándolles o seu proxecto de vida e aprendendo delas día a día. O traballo de enólogos que elaboran os seus viños coa maior lexitimidade posible, deixando que o viño exprese o que as viñas lles dan ou lles quitan cada ano. Viños sen artificios nin fogos de artificio. En definitiva, o traballo de persoas con nome e apelidos que nos entregan, coma quen fai un agasallo, o sabor da súa vila e da súa comarca, e o sabor e o saber herdados dos seus devanceiros. Viños para gozar amodo, cos ollos pechados despois de cada grolo, nun momento íntimo para volver ser quen fomos e quen somos, e para, ao abrir os ollos, gozar máis da parella, dos amigos, da conversa, das miradas ou da nosa propia soidade. Viños sen atallos para beber sen ataduras. Viño sen prexuízos, coma o primeiro viño que levamos aos beizos. Viños imperfectos coma ti e coma nós. Nós, o viño e máis nós.
Especialidade en viños de autor. Viños galegos, ecolóxicos, biodinámicos e respectuosos co medio ambiente. Viños imperfectos. Tenda Ego Wine. Clube de cata. Maridaxes. Cursos. Sumiller: Francisco Varela.
Horario: No inverno, abre de martes a xoves de 19:30 a 23:00; os venres, de 19:30 a 0:00; e os sábados, de 10:00 a 15:30. No verán, abre de luns a sábado de 19:30 a 23:30.
Méndez Núñez, 11 (Casco Vello) - 36203
Vigo
986 226 732
No inverno, abre de martes a xoves de 19:30 a 23:00; os venres, de 19:30 a 0:00; e os sábados, de 10:00 a 15:30. No verán, abre de luns a sábado de 19:30 a 23:30.
https://www.facebook.com/tabernabaiuca/ | https://youtu.be/cYuJ7hLXPIw
https://www.google.com/maps?q=42.2389315832594,-8.72680306434631
Restaurantes
